Noticias

O Concello reubica o futuro parque canino de Barrocás

Ourense buscará nova localización para parque canino tras descartar o seu emprazamento inicial no Parque Angelita Paradela, segundo anunciou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

O rexedor explicou que “non se debe fragmentar ese parque, emblemático do barrio de Barrocás”. Subliñou que se trata dun “espazo extraordinario de esparexemento e lecer para a veciñanza”.

O Concello reubica o futuro parque canino de Barrocás

Pérez Jácome destacou que este espazo “se vai poñer aínda máis en valor coa construción dunha nova piscina”. Ao seu xuízo, “localizar aí un parque canino suporía recortar o parque, e iso non procede”.

O Concello reubica o futuro parque canino de Barrocás
Foto: Concello de Ourense

Segundo indicou Pérez Jácome, esta decisión conta co respaldo da veciñanza de Barrocás e tamén da comunidade educativa do barrio. Estes trasladaron a súa oposición á instalación do parque canino dentro deste espazo verde.

O alcalde confirmou que Ourense contará cun parque canino, promovido polo Concello de Ourense e a Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración asinado recentemente. Non obstante, o goberno municipal buscará agora “un mellor emprazamento”, previsiblemente noutra zona de Barrocás que resulte máis axeitada para este servizo.

Publicaciones relacionadas

O Concello comunicará oficialmente esta decisión á Xunta de Galicia para redefinir a localización do proxecto e garantir a súa execución sen afectar a un dos parques máis representativos do barrio.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.