El ayuntamiento de Ourense premia los microrrelatos de los escolares que han ganado el IX Certame de Microrrelato que convoca la Concejalía de Educación.
El concejal de Educación del ayuntamiento de Ourense, Armando Ojea, fue el encargado de entregar los premios del IX Certame de Microrrelato. A pocos días de celebrar el Día das Letras Galegas, se reconoce el excelente trabajo realizado por los escolares.
Ourense premia los microrrelatos de los escolares
Fomentar el uso del gallego entre los más pequeños es el principal objetivo que tiene esta convocatoria. En la edición de 2021, los textos debían tratar sobre «As cores de Galicia».
Del total de 22 trabajos que se presentaron, resultaron ganadores los trabajos de Carmen Rodríguez y Sarela García, del colegio CEIP Amadeo Rodríguez Barroso. El jurado decidió otorgar los siguientes premios:
- 1º premio para la obra «As lembranzas da miña avoa» de Carmen Rodríguez Vila de 5º de primaria.
- Mención especial para la obra «As cores do saber» de Sarela García Gil de 5º de primaria.
En el acto de entrega de premios, las dos jóvenes leyeron sus relatos.
As lembranzas da Miña Avoa
de Carmen Rodríguez Vila
Antes de que a miña avoa perdese a memoria contábame moitas veces como recordaba a súa terra. Lembraba que cando era pequena vivía nunha aldea con moitas árbores onde os paxaros facían os seus niños, cun río de auga cristalina no que se bañaban ela e os seus irmáns. Tamén estaban moi presentes as fragas e os soutos na súa vida. Esa cor verde tan típica de Galicia era un recordo inesquecible na súa memoria. O azul do mar, as brancas montañas nevadas, os bosques frondosos.
Anos despois decidín facer un debuxo coas paisaxes que a miña avoa me describira naqueles atardeceres que pasaba ao seu carón, tan lonxe de Galicia. Sei que sentía unha inmensa morriña recordando cada un dos lugares nos que vivira durante unha boa parte da súa vida. Cando lle levei o meu debuxo, a pesares de que non me recoñeceu, enchéronselle os ollos de bágoas coa emoción. Penso que viñeron á súa memoria todas esas cores presente na súa infancia. As cores de Galicia. É o último recordo que teño da miña avoa.
AS CORES DO SABER
de Sarela García Gil
Fai tempo vivía
a Fada das Cores,
que lle gustaba moito
camiñar polas flores.
A ela gustáballe
maquillar o mundo,
e pintaba e pintaba
con moito gusto.
Quería sabelo todo
e todo queríao saber;
canto podía preguntaba
para máis aprender.
Cada pregunta,
moitas respostas,
que coloreaba
nun cadro, absorta.
Pensou nunha boa pregunta
e apresurouse a preguntar,
cada animal que atopaba
unha resposta diferente tíñalle que dar.
A súa pregunta era:
¿Que é Galicia?
Un rato respondeulle tradición
e un moucho ledicia.
Unha serpe esperanza,
unha bolboreta amizade,
un raposo axuda,
-o noso fogar – respondeulle un ave.
Contenta, a fada
voou cara o seu fogar,
colleu as súas pinturas
e púxose a debuxar.
Quedoulle unha
beleza de cadro,
o laranxa e o amarelo
dábanlle moito encanto!
Verde, rosa,
azul e marrón.
Esas cores eran
boas para o corazón!
Colgouno na parede
do seu vello carballo,
a súa pregunta
escribiuna debaixo.
E esta é a historia
da Fada das Cores,
fada boa
que pintaba amores.
Hai moitas preguntas
e aínda máis respostas
que nun cadro son
unha gran obra