Eventos

Parderrubias celebra as Festas de Corpus 2024

Parderrubias celebra as Festas de Corpus de 2024 con tres días de actividades musicais e gastronómicas entre as que atopamos unha cea popular.

Esta localidade do concello da Merca comezará a celebración das súas festas patronais coa inauguración dunha exposición fotográfica no seu local social. A partir dese primeiro acto, desenvolveranse numerosas propostas para fomentar a participación veciñal.

Parderrubias celebra as Festas de Corpus 2024

Venres, 31 de maio

  • 20h – Inauguración Exposición fotográfica permanente no local social «Xente de Parderrubias».
  • 20:30h – Foliada co grupo «Fol de Ferro» no local social con bica e licor café para os asistentes.
  • 23:30h – Parderrubias Fest con A Gramola Bus Tour.

Sábado, 1 de xuño

  • 17h – Inchables, festa da escuma, mini toro mecánico e campionato de tute e videoxogos.
  • 21:30h – Cea popular con empanada, xamón asado, churrasco, bebida, bica e café.
  • 23:30h – Verbena coa charanga BCB e o trío Xtra.

Domingo, 2 de xuño

  • 12:30h – Procesión, Misa e Sesión Vermú coa Banda de Cartelle.
Parderrubias celebra as Festas de Corpus 2024

Botón volver arriba