O escritor Pedro Feijoo, gañador do Premio Xerais do pasado ano, regresa ao Carballiño para dar a coñecer a súa última obra, Onde nacen as bestas, unha novela que xa conquistou a crítica e o público.
A cita terá lugar o venres 22 de agosto, ás 20:30 horas.
Pedro Feijoo presenta no Carballiño a súa novela Onde nacen as bestas
Na obra, Feijoo mergúllase nun relato intenso onde a violencia ancestral, os silencios familiares e as identidades ocultas marcan o pulso da narración. Entre o lume do val e as néboas da serra, unha serie de crimes terribles revive a lenda dun nome esquecido e devolve o medo colectivo ao escoitarse de novo un rumor: «Volveu o Sacaúntos…».

A presentación no Carballiño supón unha nova oportunidade para que os lectores galegos se acheguen á literatura de Feijoo, caracterizada polo seu ritmo narrativo e a súa capacidade para mesturar misterio, memoria e tradición oral.