As 40 traballadoras que se encargan da limpeza das instalacións de Correos en Ourense piden garantías de cobro das mensualidades pendentes ante a nova licitación do servizo.
A manifestación que as traballadoras do servizo de limpeza e outros compañeiros que traballan en Correos comezou cunha concentración diante do edificio central na Alameda de Ourense.
A manifestación continuou polo Progreso e a rúa do Paseo para chegar á Subdelegación do Goberno no Parque de San Lázaro.
Emilio González Afonso, subdelegado do Goberno en Ourense, recibiu a unha representación das traballadoras. Na reunión, González Afonso confirmoulles que Correos xa rescindiu o contrato coa empresa SCT ACVA e dará inicio a un novo proceso de licitación.
Pola súa parte, as traballadoras mostraron a súa preocupación por quen se fará cargo de abonar os salarios pendentes de pago ou quen realizará as tarefas de limpeza durante o novo proceso de adxudicación.