Noticias

Piden retomar a Romaría Feminista de Barbadás

Desde o Grupo Municipal do BNG piden retomar a Romaría Feminista de Barbadás e para ese fin, rexistraron unha moción para tratar este asunto no pleno do 6 de novembro.

Sarín Núñez, portavoz do BNG no concello de Barbadás destacou a necesidade de «impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención ás vítimas de violencia machista».

Piden retomar a Romaría Feminista de Barbadás

Nesa liña, desde a formación nacionalista cuestionan a falta de compromiso do goberno municipal ó suprimir a celebración da Romaría feminista neste 2023. «Vemos con tristeza como este ano non se levou a cabo esta xornada de convivio, porque segundo o Goberno Local, coincidía no tempo con outras actividades, aínda que para nós isto non sexa máis que unha mera desculpa para botar por terra aquelas actuacións que levaban o selo do BNG neste concello».

Piden retomar a Romaría Feminista de Barbadás

No pleno de mañá, 6 de novembro, o BNG solicitará «impulsar de novo a Romaría Feminista como unha das actividades que pularon para que o noso concello se convirtira no seu día nun dos concellos pioneiros nas políticas de igualdade neste país, fomos referenciais e queremos volver a selo».

Botón volver arriba