Noticias

As piscinas de Amoeiro xa están abertas con acceso gratuíto

As piscinas municipais de Amoeiro xa están abertas ao público desde o 5 de xullo e permanecerán operativas ata o 31 de agosto, nun horario continuado de 13:00 a 21:00 horas.

A gran novidade desta tempada é que a entrada será totalmente de balde, permitindo o acceso libre para veciñanza e visitantes.

As piscinas de Amoeiro xa están abertas con acceso gratuíto

O recinto, xestionado polo Concello de Amoeiro, ofrece unha ampla variedade de servizos para gozar do verán en familia ou con amigos. Ademais da piscina, as instalacións contan cunha cancha polideportiva para tenis ou fútbol sala, 8 grellas e zonas de merendeiro, vestiarios con duchas e baños, así como servizo de socorrismo con dous profesionais e unha caixa de primeiros auxilios.

As piscinas de Amoeiro xa están abertas con acceso gratuíto

A contorna natural que rodea as instalacións, coas súas zonas verdes e sombra, convértenas nun espazo ideal para combater o calor estival e desfrutar dunha xornada de lecer ao aire libre.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.