O PP de Celanova acaba de informar mediante un comunicado que expulsa a Antonio Mouriño como afiliado por «actitudes de deslealdade».
A decisión, tomada por consenso pola xunta xestora do PP de Celanova e as direccións provincial e autonómica, supón a perda da súa condición de afiliado a quen durante 21 anos foi rexedor municipal polo Partido Popular.
O PP de Celanova expulsa a Antonio Mouriño
«Queremos poñer en coñecemento da cidadanía e dos afiliados e simpatizantes do PP de Celanova que Mouriño participa nas labores de goberno de Antonio Puga, ademais de buscar apoios electorais para Celanova Decide», indica Pablo Pérez, presidente da xestora.
Prosegue Pablo Pérez indicando que “no actual Partido Popular de Celanova non caben actitudes nin persoas como Antonio Mouriño. Somos un partido con novas actitudes e moito futuro, e hai persoas que non encaixan no noso proxecto”.
“Debemos trasladar á veciñanza de Celanova o que puidemos comprobar nas municipais de 2019 e nestes últimos catro anos: Celanova Decide e Antonio Mouriño son o mesmo”.