Eventos

Celanova acollerá o XVII Festival de Baile «Baila Conmigo»

Celanova converterase na capital do ritmo os días 20, 21 e 22 de xuño de 2025 co XVII Festival de Baile «Baila Conmigo», un evento que reúne a artistas internacionais e centos de afeccionados ao baile.

A Praza Maior, o Claustro Barroco, o Auditorio e o pavillón Pedra da Moa serán os escenarios dunha programación chea de clases, exhibicións e festas sociais.

Celanova acollerá o XVII Festival de Baile «Baila Conmigo»

O venres 20, o festival arrincará con clases gratuítas no Claustro Barroco entre as 19:00 e as 21:00. Ás 22:30 celebrarase o III Concurso de Baile “Baila Baila”, seguido dunha festa social que contará coa presenza de Telemiño e Deporte La Región.

O sábado 21 está reservado para formación intensiva con clases de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 18:00. Ás 21:00 comezarán as exhibicións no Auditorio Municipal, e a partir das 00:30 haberá baile social no pavillón Pedra da Moa.

A programación inclúe artistas recoñecidos como Willy Arey, Jessica Valentini, Akokan Dance Company, Carlos & Ekaterina, Edu & Virginia, e moitos máis, incluíndo grupos locais como BCMG Celanova. Tamén haberá DJs como Jhonny Salsa Nic e Atoru Guez.

Celanova acollerá o XVII Festival de Baile "Baila Conmigo"

Os prezos varían segundo o tipo de acceso: o pase completo custa 45€, mentres que a entrada para a noite do sábado (exhibicións + festa) ten un prezo de 15€. As clases por separado custan 30€, e desde o 1 de xuño, os prezos terán un recargo de 5€.

O festival, organizado por Modesto Vázquez co apoio do Concello de Celanova e outras entidades, continúa consolidándose como unha das citas de baile máis destacadas de Galicia.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.