O PP presenta ós candidatos dos 92 concello da provincia de Ourense que liderarán as candidaturas ás eleccións municipais do 28 de maio de 2023.
«Neste tempo ao fronte do PPdeOU fomos quen de acadar resultados históricos en eleccións autonómicas, europeas, xerais e camiñamos cara a un resultado histórico nas vindeiras eleccións locais», indicou Manuel Baltar, presidente provincial.
O PP presenta ós candidatos dos 92 concellos de Ourense
O acto de presentación dos candidatos e candidatas do Partido Popular ás 92 alcaldías da provincia de Ourense contou coa presenza de Alfonso Rueda, presidente autonómico.
Alfonso Rueda
«Estamos nun momento no que a xente pide candidatos que saiban facer as cousas con sentidiño, que saiban gobernar e facer plantexamentos lóxicos. É o que volve estar de moda e o que mellor pode ofrecer o PP de Ourense» destacou Rueda na súa intervención.
Tamén quixo destacar o presidente do PPdeG os «máis de 800 anos de experiencia como rexedores» na provincia «onde máis concellos teñen un alcalde ou alcaldesa do PP e a partir do 28 de maio haberá aínda máis».
Manuel Baltar
Manuel Baltar afirmou que o PP de Ourense «traballará como leva traballando todos os días desde o peche das urnas das anteriores eleccións». Ante a cita electoral, Baltar afirma que «temos excelentes candidatos, un programa provincial e un programa para cada un dos 92 concellos, pero sobre todo ilusión e ganas para acadar un resultado histórico de alcaldías e a maioría absoluta na Deputación».
Manuel Cabezas
Tamén falou no acto Manuel Cabezas, candidato á alcaldía de Ourense. O primeiro que fixo foi marcar o reto de «gañar as eleccións municipais en cada concello por maioría absoluta, facer presidente da Deputación a Manuel Baltar, tamén por maioría absoluta, e conseguir que Feijoó gañe as eleccións xerais de final de ano e sexa presidente do Goberno de España».
Con respecto ó concello de Ourense, Cabezas indicou que quere «recuperar e mellorar» o Ourense que deixou en 2007. «Hai un futuro que debe estar en mans da cidadanía e esta poñelo en mans de quen saiba xestionar».