Deportes

Athlos logra unha prata e un bronce en Leganés

O Club Athlos de Ourense asinou unha destacada actuación no Campionato de España Sénior 2025, celebrado do 2 ao 4 de maio en Leganés (Madrid).

Os xogadores de Athlos lograron unha prata e un bronce como recompensas ao bo traballo realizado.

Athlos logra unha prata e un bronce en Leganés

Olalla Fernández subiu ao podio co segundo posto no dobres feminino B1, facendo parella con Sandra del Busto, do Club Bádminton Poona. Xuntas demostraron unha gran compenetración ao longo do torneo, que lles valeu a medalla de prata.

Pola súa banda, Dolores Sarmiento acadou o bronce no individual feminino C2, consolidando así a súa traxectoria como unha das veteranas máis sólidas do Athlos.

Athlos logra unha prata e un bronce en Leganés
Foto: Club Athlos

Tamén destacaron Francisco Javier Galicia, que logrou un meritorio quinto posto no individual masculino C2, e Julio Fernández, quinto no individual masculino B2. Ambos quedaron ás portas das medallas tras disputar encontros moi igualados.

Completou a expedición ourensá Jorge Vidal, contribuíndo ao bo papel global do club nun dos eventos máis importantes do calendario nacional sénior.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.