O Desfile de Barbadás 2026 xa ten gañadores tras a entrega oficial dos premios ás mellores comparsas, mecos e galardóns especiais celebrada esta tarde polo Concello.
Na categoría de premios especiais, o recoñecemento ao Deseño, dotado con 250 euros, foi para Perfectamente imperfecto, mentres que o premio á Animación, tamén de 250 euros, recaeu en Móvete entre medusas.
Premios do Desfile de Barbadás 2026: lista completa de gañadores
En paralelo, o Concello fixo entrega dos galardóns aos mecos, elixidos por votación popular nas últimas semanas. O primeiro premio, valorado en 300 euros, foi para a Asociación de Veciños San Martín de Loiro. O segundo premio, de 200 euros, correspondeu á Asociación de Veciños San Bieito de Bentraces, mentres que o terceiro, dotado con 100 euros, foi para a Comunidade de Veciños Os Carrís.
Na categoría de comparsas con máis de 10 participantes, o primeiro premio (1.100 euros) foi para Poker Premium Monterrey y Pereiro. O segundo posto, con 800 euros, recaeu en La Tombola Antoñitos, seguido de O enxame da Auria, que acadou o terceiro premio (700 euros).

O cuarto premio (500 euros) foi para E chegou o Nadal a Finca Fierro antes que a Vigo; o quinto (450 euros), para Trump non movas os marcos; o sexto (350 euros), para Vikifarras das Lamas; o sétimo (300 euros), para Denominación Orixe A Parada; e o oitavo (250 euros), para Os Rexoubeiros-Aladin.
Na categoría de comparsas de 10 ou menos participantes, o primeiro premio (550 euros) foi para Formula 1, mentres que o segundo (450 euros) foi para Chapa-Chips Os dragóns da Ribeira Sacra.
🏆 Listado completo de premiados – Desfile de Barbadás 2026
1- Premios especiais
- Deseño (250 €): Perfectamente imperfecto
- Animación (250 €): Móvete entre medusas
2 – Premios aos mecos (votación popular)
- 1º Premio (300 €): Asociación de Veciños San Martín de Loiro
- 2º Premio (200 €): Asociación de Veciños San Bieito de Bentraces
- 3º Premio (100 €): Comunidade de Veciños Os Carrís
3 – Comparsas de máis de 10 participantes
- 1º Premio (1.100 €): Poker Premium Monterrey y Pereiro
- 2º Premio (800 €): La Tombola Antoñitos
- 3º Premio (700 €): O enxame da Auria
- 4º Premio (500 €): E chegou o Nadal a Finca Fierro antes que a Vigo
- 5º Premio (450 €): Trump non movas os marcos
- 6º Premio (350 €): Vikifarras das Lamas
- 7º Premio (300 €): Denominación Orixe A Parada
- 8º Premio (250 €): Os Rexoubeiros-Aladin
4 – Comparsas de 10 ou menos participantes
- 1º Premio (550 €): Formula 1
- 2º Premio (450 €): Chapa-Chips Os dragóns da Ribeira Sacra

