Eventos

O Carballiño acolle a presentación de Drácula en galego

A presentación de Drácula en galego terá lugar o venres 27 de febreiro ás 20:00 h na Tenda OZOCOgz do Carballiño.

A editorial AiraEditorial impulsa esta nova edición da obra de Bram Stoker, que chega agora ao público galego cunha coidada tradución.

O Carballiño acolle a presentación de Drácula en galego

No encontro participarán o tradutor carballiñés Gabriel Álvarez, o ilustrador Miguel Robledo e o editor César Lorenzo “Cequeliños”, que darán a coñecer os detalles dun proxecto que reivindica a vixencia do mito vampírico desde a lingua galega.

O Carballiño acolle a presentación de Drácula en galego

Publicada orixinalmente en 1897, Drácula converteuse nunha das obras máis influentes da literatura popular contemporánea. A novela foi adaptada centos de veces ao cinema e á televisión, e inspirou videoxogos e múltiples recreacións narrativas. Porén, o universo literario concibido por Stoker continúa a fascinar pola súa mestura de intriga, aventura e saberes ancestrais, así como polo rigor na construción de personaxes e atmosferas.

A nova edición en galego busca achegar o texto íntegro ás lectoras e lectores actuais, respectando a esencia da obra orixinal e ofrecendo unha proposta visual atractiva grazas ás ilustracións que acompañan o volume.

Publicaciones relacionadas

O acto celebrarase na Tenda OZOCOgz do Carballiño e estará aberto ao público ata completar aforo. A cita preséntase como unha oportunidade para descubrir ou redescubrir un clásico imprescindible da literatura universal desde unha perspectiva galega.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.