Eventos

Presentación do libro Celso Emilio Ferreiro, Nacionalista Galego

Este sábado terá lugar a presentación do libro Celso Emilio Ferreiro, Nacionalista Galego escrito por Luís Gonçales Blasco.

O acto terá lugar na Casa de Curros de Celanova ás 11:30h e contará coa presenza do autor e de Xabier Ferreiro, fillo de Celso Emilio.

Presentación do libro Celso Emilio Ferreiro, Nacionalista Galego

Gonçales Blasco sinala que «ás veces, hai xente que se estraña ao saber que aos dezasete anos Ferreiro xa daba discursos galeguistas. Non é de estrañar sabendo que na súa casa había libros galegos: seu pai fora das Irmandades da Fala e amigo de Porteiro Garea; as súas visitas a Ourense e o trato cos galeguistas da cidade incrementou a súa tendencia».

Presentación do libro Celso Emilio Ferreiro, Nacionalista Galego
Luís Gonçales Blasco

Este acto está organizado polo Comité de memoria Histórica da Comarca de Celanova e forma parte dun ciclo de conferencias para reivindicar o perfil político de figuras históricas da vila como Xosé Velo ou Luís Soto.

Botón volver arriba