Presentarán o próximo sábado no Carballiño unha obra de Vicente Risco titulada «Doutrina e Ritual da moi nobre orde galega do sancto graal. A Estrela do Apóstolo».
A presentación terá lugar na tenda OZOCOgz do Carballiño ás 12:30h.
Presentarán no Carballiño unha obra de Vicente Risco
No acto de presentación participará a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Porto. Tamén participan o arqueólogo carballiñes e responsable da edición e do seu estudo e notas, Felipe-Senén López, e o escritor e membro do Consello de Administración da Editorial Galaxia, Xavier Alcalá.
Ese mesmo día, ás 19h, terá lugar o concerto do grupo DeBiselas. Este concerto, previsto nun primeiro momento para o mes de decembro, conten crítica social pola invasión dos eucaliptos e un conto de Castelao entre outros contidos.