A candidata do BNG ao Congreso, Noa Presas, chamou en Seixalbo a mobilizarse o 29 de novembro para conseguir o primeiro escano nacionalista por Ourense e defender os dereitos sociais fronte ao avance da dereita.
No encontro coa veciñanza participou tamén o voceiro municipal do BNG, Luis Seara, e a concelleira Erea Blanco, candidata ao Senado.
Presas chama a conseguir o primeiro escano do BNG por Ourense
Presas reivindicou o BNG como unha forza capaz de frear os retrocesos sociais, defender os servizos públicos e impulsar novas conquistas en igualdade e dereitos. Asegurou que o primeiro deputado nacionalista por Ourense sería «unha garantía de defensa dos dereitos da xente» e unha voz propia para levar as necesidades de Galicia ao Congreso.

A candidata tamén reclamou máis investimentos e proxectos transformadores para a cidade, entre eles a implantación dun metro lixeiro para conectar os barrios e mellorar o transporte público, así como o saneamento integral dos ríos.
Presas considerou que Ourense non pode seguir instalada na resignación e necesita representación con capacidade para defender os seus intereses. «O 29N podemos facer historia, pero sobre todo podemos facer que Ourense gañe», concluíu.

