Noticias

O PSdeG sitúa en 1.200 votos o segundo deputado por Ourense

O PSdeG-PSOE celebrou un mitin en Amoeiro no que chamou a concentrar o voto socialista para conseguir o segundo deputado por Ourense e evitar unha maioría de PP e Vox.

Os socialistas aseguraron que están a apenas 1.200 votos de alcanzar ese obxectivo.

O PSdeG sitúa en 1.200 votos o segundo deputado por Ourense

No acto participaron o alcalde, José Luis González; María Fernández Ojea, candidata ao Senado; Brian Diz González e Carmen Rodríguez Dacosta, candidatos ao Congreso; e o expresidente da Xunta Fernando González Laxe.

O PSdeG sitúa en 1.200 votos o segundo deputado por Ourense
Foto: PSdG.

As intervencións abordaron o emprego xuvenil, os salarios e as pensións. Brian Diz defendeu máis oportunidades laborais para a mocidade, mentres que Rodríguez Dacosta reivindicou a reforma laboral e as subas do salario mínimo.

Pola súa banda, María Fernández Ojea destacou a revalorización das pensións e a protección social. O peche correu a cargo de González Laxe, que chamou a defender os dereitos sociais, a igualdade e a cohesión territorial.

Botón volver arriba