Noticias

Presas busca o primeiro escano do BNG por Ourense

A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, chamou desde Verín a conseguir o primeiro escano nacionalista pola provincia nas eleccións do 29 de novembro.

A candidata nacionalista chama desde Verín a romper con case 50 anos de bipartidismo e conseguir unha voz propia no Congreso.

Presas busca o primeiro escano do BNG por Ourense

No mitin participaron tamén o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e os candidatos Melanie Arias e Lucas Pardo.

Presas busca o primeiro escano do BNG por Ourense
Foto: BNG.

Presas criticou o abandono das conexións ferroviarias do sur da provincia, así como a situación da A-52 e dos ríos. Atribuíu estas carencias ás decisións políticas do centralismo e cuestionou os compromisos dos partidos estatais con Ourense.

Fronte a eles, reivindicou o traballo do BNG no Congreso: «O útil é ir a Madrid para facer valer Galiza e Ourense, non para obedecer».

A candidata lembrou que o BNG acadou o seu mellor resultado histórico nas últimas eleccións galegas e considerou que pode trasladar ese apoio ás xerais. «Se a maioría desas persoas volve coller esta papeleta, o escano está aí, ao alcance da man», concluíu.

Botón volver arriba