Noticias

Luis Menor reclama avances na A-76 e pide o voto para Feijóo

O presidente do PP de Ourense, Luis Menor, reclamou na Rúa avances na autovía A-76 e melloras na N-120, e pediu concentrar o voto nos populares o próximo 29 de novembro para levar a Alberto Núñez Feijóo á Moncloa.

Menor criticou a falta de avances do Goberno de Pedro Sánchez na autovía entre Ponferrada e Ourense e o estado da N-120. Pola súa banda, a candidata ao Congreso, Ana Belén Vázquez, situou as infraestruturas e os servizos públicos entre as prioridades do PP.

Luis Menor reclama avances na A-76 e pide o voto para Feijóo

A campaña dos populares incluíu tamén actos en Ourense. En Outariz, os candidatos defenderon incorporar o termalismo á carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde.

Foto: PP.

Ademais, Miguel Santalices comprometeuse ante a Asociación de Viúvas María Andrea a actualizar as pensións conforme ao IPC real. No Couto, Antonio Rodríguez Miranda e Rosa Sánchez Gándara presentaron propostas sobre integración, emprego e emprendemento, entre elas a eliminación da cota de autónomos durante o primeiro ano de actividade.

Botón volver arriba