A candidata socialista ao Congreso, Carmen Rodríguez Dacosta, presentou as propostas do PSOE para reforzar a protección social, apoiar a crianza e garantir prestacións dignas.
Nun almorzo informativo, Dacosta destacou que 5.567 fogares ourensáns reciben o Ingreso Mínimo Vital, unha prestación que chega a 14.395 persoas e supón un investimento anual próximo aos 40 millóns de euros.
O PSOE propón novas axudas para as familias de Ourense
A candidata tamén puxo en valor a ampliación dos permisos de maternidade e coidados, o recoñecemento das familias monomarentais e os avances na Lei de dependencia.

Entre as novas propostas socialistas figura unha prestación estatal por crianza para as familias con menores de idade e a creación dunha Conta de Futuro. Esta última iniciativa dotaría cada neno e nena, desde o nacemento, con 1.000 euros nunha conta pública investida en fondos públicos. Segundo Dacosta, máis de 14.000 menores de Ourense poderían beneficiarse.
A candidata defendeu a necesidade de adaptar estas políticas aos retos da provincia, especialmente o envellecemento, a dispersión territorial e as dificultades de acceso aos servizos públicos.

