O programa da Noite Meiga de Ribadavia converterá esta localidade nun escenario terrorífico para festexar o Samaín.
Neste 2022 a Noite Meiga chega á súa 21ª edición para seguir sendo unha referencia en toda Galicia na celebración desta festa de orixe celta.
Programa da Noite Meiga de Ribadavia
A data escollida para celebrar a Noite Meiga de Ribadavia será o 29 de outubro. O día anterior, unha Scape Room servirá para quentar motores ante unha longa xornada de celebración. A asociación Ribadavia Activa.T é a encargada de organizar esta festa.
Exposicións, queimada, maxia, pasaxe do terror, mercado ou desfile son algunhas das propostas desta edición. Non faltará tamén a música para ambientar unha xornada á que debemos acudir debidamente vestidos.
VENRES 28 DE OUTUBRO:
19:00h, 21:00h e 23:00h – SCAPE ROOM – A cargo de Territorio Comanche.
Prezo: 10,00 €. Igrexa da Madalena.
Venda de entradas online en www.territorio-comanche.com
SÁBADO 29 DE OUTUBRO:
De 10:30h a 13:00h – ORIENTAVENTURA MEIGA – A cargo de Territorio Comanche.
Prezo: Adultos 15,00 € – Nenos/as 12,00 €
Venda de entradas online en www.vivetix.com
De 17:30h a 19:30h – BAILE DE FEITICEIRAS/OS
Actividade infantil no Club Artístico, entrada por abaixo, rúa Praza Fonte da Prata.
18:00h a 00:00h – MERCADO MEIGO
Fronte á fachada do Castelo dos Sarmiento.
19:00h – SCAPE ROOM – A cargo de Territorio Comanche.
Prezo: 10,00 € . Igrexa da Madalena.
Venda de entradas online en www.territorio-comanche.com
20:00h – O MAGO PACO
Casa da Cultura. Prezo: 3,00€
Venda anticipada dende o venres 21 de outubro en ANUBE (Rúa do Ribeiro, 31, baixo).
Venda de entradas o mesmo día a partir das 19:30h na Casa da Cultura.
21:00h – DESFILE MEIGO
Saída da Fonte de dous Canos ata a Praza
Maior. Coa participación estelar dos xigantes Don Pedro e Dona Ana.
21:00h – SCAPE ROOM – A cargo de Territorio Comanche.
Prezo: 10,00 €. Igrexa da Madalena.
Venda de entradas online en www.territorio-comanche.com
21:00h a 1:00h – PASAXE DO TERROR. A cargo de Especialistas Hípica Celta.
Entrada polo xulgado, na Praza Maior. Prezo: 5,00 €.
Venda anticipada dende o venres 21 de outubro en ANUBE (Rúa do Ribeiro, 31, baixo).
O mesmo día da festa poderanse mercar entradas na oficina da MIT a partir das 19:00h.
Venda dun máximo de 4 entradas por persoa. / Espectáculo non aconsellado para nenos/as menores de 12 anos. / Aforo limitado e con entradas con horario específico.
21:40h – TABALEIROS DA ISTORIA
Polas rúas de Ribadavia.
21:45h – ANIMACIÓN DE RÚA PANDEIRETEIRAS DA ISTORIA
Na Praza Maior.
21:45h – ANIMACIÓN DE RÚA MEKANIKA ROLLING BAND. Polas rúas de Ribadavia.
21:55h – DANZA “AS ALMAS DE ROMASANTA.”
Na Praza Maior.
22:15h – ESPECTÁCULO DE RÚA DE “TREEFOLK E DRAGÓN.”
Na Praza Maior.
23:00h – ESPECTÁCULO DAS LAGARTAS.
Na Praza Maior.
23:00h – SCAPE ROOM – A cargo de Territorio Comanche.
Prezo: 10,00 € . Igrexa da Madalena.
Venda de entradas online en www.territorio-comanche.com
23:15h – ANIMACIÓN DE RÚA MEKANIKA ROLLING BAND
Praza Maior.
23:30h – DANZA “AS ALMAS DE ROMASANTA.”
No cruce da rúa Salgado Moscoso coa rúa Progreso.
00:00h – REPRESENTACIÓN DO ESCONXURO DA QUEIMADA. A cargo de Especialistas Hípica Celta.
Praza Maior.
00:15h – TABALEIROS DA ISTORIA.
Polas rúas de Ribadavia.
00:30h – ESPECTÁCULO DE RÚA DE “TREEFOLK E DRAGÓN.”
Polas rúas de Ribadavia.
00:15 – DJ NANDO. No Club Artístico.
1:00h – CONCERTO DE THE LELLI KELLY´S.
No Club Artístico, entrada por abaixo, rúa Praza Fonte da Prata.