Xa coñecemos o programa da Noite Meiga de Ribadavia que se celebrará o sábado, 28 de outubro cunha ampla programación de actividades.
A Noite Meiga de Ribadavia xa é un clásico nestas datas e figura sinalado nas axendas de centos de persoas que agardan con impaciencia a chegada deste día.
Programa da Noite Meiga de Ribadavia 2023
A Igrexa da Madalena será o escenario dunha actividade o venres, 27 de outubro, e que servirá para ir quentando o corpo ante a xornada do sábado. En tres quendas (19, 21 e 23h), a escape room «A Pócima» marcará o inicio das actividades.
O sábado, 28 de outubro, as propostas que a organización realizou para este ano comezarán ás 11h. A esa hora dará comezo Orientaventura Meiga na Praza Maior. Despois, os participantes poderán participar no Mercado Meigo, espectáculos de maxia, concertos musicais, espectáculos de rúa ou desfiles.
- 11:00h – Orientaventura Meiga – Praza Maior
- 17:30h – Baile de Feiticeiras – Club Artístico
- 19:00h – Mercado Meigo – Xunto ó Castelo
- 20:00h – Maga Maika – Casa da Cultura
- 21:00h – Desfile Meigo
- 21:00h – Pasaxe do Terror
- 21:40h – Tabaleiros da Istoria – rúas de Ribadavia
- 21:45h – Pandereteiras da Istoria – Praza Maior
- 21:45h – Animación de rúa con Festicultores
- 21:55h – Danza Meiga Donas sen Cabaleiros – Praza Maior
- 22:15h – Espectáculo de Rúa, A Lenda – Rúas de Ribadavia
- 23:00h – Espectáculo «As Lajartas» – Praza Maior
- 23:15h – Festicultores – Praza Maior
- 00:00h – Queimada – Praza Maior
- 00:15h – Tabaleiros da Istoria – Rúas de Ribadavia
- 00:30h – Espectáculo de rúa, O Gran Dragón
- 00:45h – DJ Nando – Club Artístico
- 01:00h – Concerto «Broken Peach» – Club Artístico
- 01:00h – Fotomatón Meigo – Club Artístico