O PSdeG-PSOE de Ribadavia anunciou que non asistirá ao pleno ordinario convocado para este martes, 5 de maio, ás 20:00 h, en protesta polo cambio de data decidido polo alcalde, César Manuel Fernández, ao considerar que supón “un novo atropelo institucional”.
A formación socialista denuncia que a sesión, fixada regulamentariamente para o último xoves de cada mes, foi modificada de forma unilateral, sen acordo previo nin causa extraordinaria. “Trátase unicamente de adaptar o concello á súa axenda persoal”, sinalan.
O PSdeG de Ribadavia planta o pleno e denuncia “atropelo institucional”
Desde o PSdeG-PSOE aseguran que esta decisión forma parte de “tres anos de deriva autoritaria”, nos que acusan ao rexedor de gobernar sen contar coa oposición nin cos órganos de participación municipal.

“O que está en xogo non é só a data dun pleno, senón o respecto ás normas, á democracia e á veciñanza de Ribadavia”, conclúe o comunicado.

