Ribadavia recibirá 2.240 euros da Xunta para reforzar a promoción da lingua galega a través dos servizos lingüísticos municipais.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o concello acompañado polo alcalde, César Fernández, para dar conta desta subvención.
Ribadavia recibe 2.240 euros para promover o galego
A axuda, concedida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, permitirá crear ou reforzar o servizo lingüístico municipal, co obxectivo de impulsar o uso do galego tanto na administración como entre a cidadanía mediante campañas, actividades de dinamización e accións formativas.

Manuel Pardo destacou que esta convocatoria forma parte do compromiso da Xunta coa normalización lingüística e co desenvolvemento do Pacto pola Lingua. Na provincia de Ourense resultaron beneficiados oito municipios ou agrupacións locais.

