Noticias

Manuel Pardo coñece o labor da Asociación Tourette de Galicia

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse coa presidenta da Asociación Tourette de Galicia (ATNSASTG), María Domínguez, para coñecer o traballo que desenvolve a entidade coas persoas afectadas por este trastorno neurolóxico e as súas familias.

Manuel Pardo coñece o labor da Asociación Tourette de Galicia

Durante o encontro, no que tamén participaron membros da directiva, Pardo felicitou á asociación polo seu labor de sensibilización, divulgación, acompañamento e orientación.

Manuel Pardo coñece o labor da Asociación Tourette de Galicia.
Foto: Delegación da Xunta.

O delegado trasladou tamén o apoio da Administración autonómica ás iniciativas deste colectivo, que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Tourette e avanzar cara a unha Galicia máis inclusiva.

Este trastorno adoita manifestarse durante a infancia e caracterízase pola presenza de tics motores e vocais involuntarios.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba