O delegado territorial, Manuel Pardo, visitou a sede para comprobar as obras de acondicionamento, que inclúen melloras na iluminación e novos espazos.
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou a sede da Unidade da Policía Nacional Adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense para comprobar as melloras realizadas nas instalacións.
A Xunta mellora as instalacións da Policía Autonómica en Ourense
Durante a visita, agradeceu aos axentes a súa dedicación e vocación de servizo público e destacou o seu labor na prevención e investigación de incendios forestais, a loita contra o furtivismo e o marisqueo ilegal, así como na protección do medio natural, das vítimas de violencia de xénero e dos menores.

As obras incluíron a creación dun espazo adaptado para arquivo, a renovación da tarima do salón de actos, deteriorada polas filtracións de auga, e a instalación de luminarias LED na planta baixa para mellorar a iluminación e reducir o consumo enerxético.

