Noticias

O PSdeG alerta da perda de servizos materno-infantís en Valdeorras

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia o deterioro da atención materno-infantil no Hospital Público de Valdeorras e reclama á Xunta que garanta persoal e recursos suficientes.

A deputada provincial e alcaldesa de Vilamartín, Sherezade Núñez, apoiou as reivindicacións da asociación De Nai a Nai, que alerta de numerosas carencias na atención sanitaria ás mulleres e ás familias.

O PSdeG alerta da perda de servizos materno-infantís en Valdeorras

Segundo a asociación, unha única matrona está asumindo as dúas consultas existentes, de Atención Primaria e Especializada, pola falta de cobertura da primeira. Tamén denuncia interrupcións na educación maternal, problemas de cobertura no paridoiro durante os traslados a Ourense e falta de pediatras en varios centros de saúde.

O PSdeG alerta da perda de servizos materno-infantís en Valdeorras
Foto: Google Maps.

Os socialistas lembran ademais a desaparición da Comisión de Lactación Materna e a avaría da incubadora de transporte neonatal do hospital en novembro de 2025.

Núñez responsabiliza á Xunta do deterioro asistencial e reclama cubrir a consulta de matrona, garantir a educación maternal e mellorar a coordinación sanitaria. «As mulleres de Valdeorras teñen exactamente os mesmos dereitos que as de Ourense», afirma.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba