Noticias

Ribadavia renovará a Praza de Abastos con 1,6 millóns

A Praza de Abastos de Ribadavia será reformada cun investimento de 1,6 millóns de euros grazas a un convenio asinado entre a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello.

A Xunta achegará o 70 % do financiamento (1,1 millóns de euros), a Deputación o 20 % (320.000 euros) e o Concello o 10 % (160.000 euros). O proxecto executarase entre 2026 e 2027.

Ribadavia modernizará a Praza de Abastos con 1,6 millóns

Este acordo foi rubricado polo presidente provincial, Luis Menor; o conselleiro José González; e o alcalde César Fernández.

Ribadavia modernizará a Praza de Abastos con 1,6 millóns
Foto: Deputación de Ourense.

A actuación busca conseguir o selo de «Mercado Excelente» e reforzar a competitividade deste espazo comercial, potenciando os produtos locais e a gastronomía de proximidade. As obras incluirán melloras estruturais, na cuberta, fachada, accesibilidade, eficiencia enerxética e novo equipamento.

Luis Menor destacou que esta colaboración entre administracións permitirá impulsar un proxecto estratéxico para o desenvolvemento económico e social da comarca do Ribeiro.

Botón volver arriba