A Valenzá prepárase para celebrar as súas festas patronais na honra de San Bernabé os días 6, 7, 8 e 11 de xuño, cunha programación repleta de actividades para todas as idades.
O evento contará cunha variada oferta de música, procesións e espectáculos que converterán as rúas nun auténtico escenario de festa.
Programa das festas de San Bernabé 2025 na Valenzá
A xornada inaugural do venres 6 de xuño comezará ás 20:00 horas coa actuación do Baile Comercial de nenos e nenas, acompañado por dúos e tríos de baile. Ás 22:45 horas, a orquestra New York e a discoteca móbil Apocalipsis ofrecerán unha noite de música e diversión na rúa 17 de Maio.
O sábado 7 de xuño, a festa comezará ás 11:00 horas coas colexiadas na Solaina, e continuará cos pasarrúas da Charanga Trives ás 12:00 e ás 18:00 horas (este último na avenida de Celanova).
A programación do domingo 8 de xuño inclúe a tradicional Misa Solemne e Procesión ás 12:00, seguida pola Artelanda na rúa ás 12:30. Pola tarde, a música regresará coa actuación dun Trío Musical na avenida Celanova, 35, e a continuación, unha nova procesión en honra de San Bernabé. A festa pecharase cun Dúo Musical ás 20:00 horas.
O broche final chegará o martes 11 de xuño cunha nova noite de verbena a partir das 22:45 horas. Protagonizada pola orquestra Oríxen e a discoteca móbil Apocalipsis, volverán facer vibrar á veciñanza e visitantes.
