O programa do Nadal 2021 en Ribadavia ven cargado de actividades que teñen como finalidade potenciar a actividade cultural, social e comercial do concello durante as festas.
O Nadal xa chegou a Ribadavia co acendido das luces o pasado luns, 6 de decembro. A iluminación permite crear un espazo de ilusión nunhas datas tan especiais para as familias e especialmente para os máis cativos.
Programa do Nadal 2021 en Ribadavia
Ademais do alumeado de nadal, Ribadavia terá un intenso contido cultural durante as festas que está pensado para toda a familia. Iniciativas de apoio ó comercio local, conciliación familiar e laboral e as visitas de Papá Noel, O Apalpador e os Reis Magos completan unha axenda frenética.
- 6 de decembro: acendido do alumeado de nadal
- 7 de decembro: inauguración do carrusel no casco histórico
- 18 decembro: concerto da Coral do Club Artístico, na Igrexa de San Xoán.
- 18 e 19 decembro: Mercado de Nadal de EAR.
- 22 de decembro: Inicio da conciliación de Nadal, todos os días laborais polas mañás, de 9h a 14h.
- RibaNadal 2021: 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e 2, 3, e 4 de xaneiro polas tardes, de 16.30 a 19.30.
- 22 decembro: O mago Noel. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura.
- 23 decembro: Cine para toda a familia. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura.
- 24 de decembro: o Apalpador e Papá Noel visitarán Ribadavia a partir das 17 horas.
- 26 de decembro: Espectáculo infantil. O legado de Tibu. Ás 18 no pavillón de deportes O Consello.
- 28 de decembro. 20h Concerto «Soul & Roll». Praza Maior.
- 29 de decembro: cinema para toda a familia. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura.
- 30 de decembro: Historias do Alpalpador. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura.
- 02 de xaneiro: Teatro do vilar representará a obra «Policía».19h. Auditorio Manuel María da Casa da Cultura.
- 03 de xaneiro: O Mago Lolo. 20h. Auditorio Manuel Maria da Casa da Cultura.
- 04 de xaneiro: animación de rúa a partir das 20 horas.
- 05 de xaneiro: Cabalgata de reis