Eventos

Programación do Nadal 2024 en Barbadás

Xa presentaron a Programación do Nadal 2024 no concello de Barbadás que inclúe numerosas propostas culturais, de lecer e deportivas.

O concello de Barbadás contará un ano máis cun intenso programa de actividades durante o período do Nadal con alternativas para todas as idades.

Programación do Nadal 2024 en Barbadás

Esta programación leva como cartel anunciador un debuxo da nena de 10 anos Noa Moreno Sánchez. O debuxo elaborado por Noa foi o gañador do Concurso de Postais de Nadal 2024 no Concello de Barbadás.

Programación do Nadal 2024 en Barbadás

O xoves, cinco de decembro, é a data na que comezarán as actividades de Nadal en Barbadás. Ese primeiro acto será o tradicional acendido da árbore de Nadal que está situada na Rúa do Viso (fronte ó Mercadona) estando previsto para as 19h.

Outros actos destacados dentro do programa de Nadal de Barbadás son a obra de teatro «Molto Barroco» con Píscore Teatro ou o festival de Panxoliñas. Teatro para escolares, maxia con Javier Muro, Taller DJ Music ou Teatro Lambetadas son algunhas das opcións culturais que ofrece este programa.

No ámbito deportivo, o Nadal de Barbadás terá unha Masterclass no Polideportivo Municipal, un clínic Porteiros, e o torneo benéfico prebenxamín Memorial Javier Carid «Abuelo».

Non faltan nesta programación a visita de Papá Noel o 23 de decembro, o Apalpador o 27 de decembro e as SS.MM. Os Reis Magos o xoves, dous de xaneiro. Unha das últimas actividades deste programa será Diverlandia 7.0, unha proposta lúdica que ofrece o concello de Barbadás no Polideportivo Municipal con inchables e obradoiros.

Programación do Nadal 2024 en Barbadás

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.