O PSdeG-PSOE de Ourense continúa coa súa folla de ruta cara ás eleccións municipais de 2027 cunha nova reunión comarcal celebrada en Celanova, dentro da segunda rolda de encontros pola provincia.
Na xuntanza participaron o secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de Organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de Acción Electoral, Susana Rodríguez Estévez, xunto a representantes socialistas de Celanova, Ramirás, Cartelle e A Merca.
O PSdeG activa a maquinaria electoral en Celanova
Segundo trasladan dende a Executiva Provincial, esta rolda busca “reactivar as agrupacións municipais de cara aos decisivos comicios de maio de 2027”.

A formación asegura que leva meses traballando sobre o terreo para confeccionar candidaturas “sólidas e fortes” co obxectivo de ampliar representación.
Na comarca, o PSdeG-PSOE pretende medrar en concellos como Cartelle, Celanova, Cortegada, A Merca, Padrenda e Pontedeva, consolidar a alcaldía en Ramirás e presentar candidatura en municipios onde non conta con edís, como Gomesende, A Bola ou Quintela de Leirado. A dirección provincial considera esta zona estratéxica polo seu peso na Deputación.

