A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense reforza a súa influencia na dirección galega do partido tras obter dúas representacións na Comisión Executiva Nacional Galega (CENG).
Esta Comisión Executiva foi respaldada cun 93% de votos a favor dos delegados e delegadas no XV Congreso celebrado esta fin de semana en Santiago de Compostela.
O PSdeG-PSOE de Ourense consolida a súa presenza na dirección galega
María Fernández Ojea continuará desempeñando o cargo de secretaria de Función Pública e Xustiza. Pola súa banda, Natalia González Benéitez asumirá a Secretaría de Política Social, Maiores e Dependencia, en substitución de Marga Martín Rodríguez. Ambas mostraron o seu agradecemento pola confianza depositada nelas para afrontar esta nova etapa. O Congreso tamén serviu para reelixir a José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral do PSdeG. Ó mesmo tempo, aprobouse a Ponencia Marco, que introduce cambios destacados en materias como Igualdade e os Estatutos.

A representación ourensá complétase con Carmen Rodríguez Dacosta no Comité Federal e Tamara Iglesias Figueiras, que repetirá como membro da Comisión Nacional de Ética. Ademais, José Ramón Fernández Morgade, Zaida Rodríguez Camba, Alberto Fidalgo Francisco, Erica Conde Vázquez, Antonio Blanco Rodríguez, Francisco Quintas Ferreño, Eva Maldonado González e Diego Alonso de Abel formarán parte do Comité Nacional Galego, reforzando o peso político da agrupación local.
O Congreso permitiu tamén renovar os órganos de dirección e actualizar os documentos estratéxicos do partido para os vindeiros anos. A igualdade e a aposta pola mocidade foron sinaladas como prioridades para a acción política dos socialistas galegos. Neste sentido, a agrupación de Ourense expresou a súa satisfacción pola presenza de Miguel Gómez, secretario xeral de XX.SS. de Ourense, na mesa do Congreso. Esta mesa estivo presidida pola alcaldesa máis nova de Galicia, Uxía Oviedo.
Por outra banda, Natalia González Benéitez, tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense e voceira do grupo municipal socialista no Concello, presidiu a Comisión 3, titulada «Unha Galicia avanzada en equidade», na que se debateron e votaron as emendas ao Relatorio Marco. A súa participación activa subliña a relevancia da agrupación de Ourense na definición das políticas socialistas a nivel galego.