Noticias

O PSdeG-PSOE de Ourense define o calendario para as eleccións primarias

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense aprobou o calendario orgánico para as vindeiras semanas, co obxectivo de celebrar as eleccións primarias á secretaría provincial e o V Congreso Provincial Ordinario.

Segundo destacaron os socialistas, este proceso reforza a participación democrática da militancia para construír o proxecto socialista ourensán.

O PSdeG-PSOE de Ourense define o calendario para as eleccións primarias

O proceso iniciarase o sábado 22 de marzo co Comité Provincial en Lobios, onde se debaterá e ratificará a proposta de calendario. As datas clave inclún:

  • Presentación de precandidaturas: do 27 de marzo ao 3 de abril.
  • Recollida e presentación de avais: do 4 ao 11 de abril.
  • Campaña de información: do 17 ao 26 de abril.
  • Proposta de candidaturas dos delegados ao V Congreso: 25 de abril.
O PSdeG-PSOE de Ourense define o calendario para as eleccións primarias
Foto: PSdeG-PSOE

A votación á secretaría xeral está prevista para o domingo 27 de abril. De ser necesaria unha segunda volta, realizarase o 4 de maio. Tras a fase de votación, traballarase no relatorio marco que definirá a estratexia do partido para os vindeiros anos. O proceso culminará co V Congreso Provincial Ordinario o domingo 18 de maio.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.