Noticias

O PSOE presenta a Cesáreo Ramos como candidato en Carballeda de Valdeorras

O PSdeG-PSOE presenta a Cesáreo Ramos como candidato á alcaldía en Carballeda de Valdeorras nas próximas eleccións municipais de maio de 2023.

«Falta moito por facer» é á primeira reflexión dun candidato que pensa que a prioridade é «a mellora das vías de comunicación e infraestruturas e o aumento dos servizos que se prestan a nivel municipal».

O PSOE presenta a Cesáreo Ramos como candidato en Carballeda de Valdeorras

Cesáreo Ramos Gómez, actual concelleiro socialista, será o candidato nas eleccións municipais. Esta candidatura «representa unha alternativa sólida fronte a políticas autoritarias e escuras» segundo indican fontes socialistas.

O PSOE presenta a Cesáreo Ramos como candidato en Carballeda de Valdeorras

O candidato incide en que «temos que conseguir un concello máis transparente, no que a veciñanza participe e no que se traballe polos intereses de todos e non só duns poucos».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.