Noticias

O PSOE denuncia perda de subvención para o punto limpo de Ribadavia

O PSdeG-PSOE de Ribadavia denunciou que o Concello perdeu unha subvención da Xunta de Galicia de 40.000 euros destinada ao punto limpo por carecer do permiso e da licenza de actividade.

Os socialistas consideran que se trata dunha “nova chapuza” do goberno local do Partido Popular, ao que acusan de “gastarse os cartos e ter que devolvelos pola súa pésima e neglixente xestión”.

O PSOE denuncia perda de subvención para o punto limpo de Ribadavia

O grupo municipal lembra que xa en xaneiro de 2021 advertira da situación irregular do punto limpo, que funcionaba sen licenza e con informes “demoledores” da Deputación de Ourense. Estes informes rexeitaban o acceso dende a OU-0305 por non cumprir co vehículo patrón nin coas distancias de visibilidade necesarias, ademais de carecer da sinalización axeitada e de limitacións seguras para os movementos dos camións.

O PSOE denuncia perda de subvención para o punto limpo de Ribadavia
Foto: PSOE de Ribadavia

Tras catro anos, o punto limpo segue sen funcionar nin contar con licenza, mentres os problemas de circulación seguen sen resolverse”, critican os socialistas. O PSOE reclama que se abandone este proxecto “ilegal” e se cree unha nova instalación “nun emprazamento axeitado, como o polígono industrial”, xa que —din— “non serve de nada investir cartos que logo hai que devolver”.

Ademais, acusan ao alcalde de “mentir descaradamente” por asegurar en 2021 que a licenza da Xunta estaría lista en 10 ou 12 meses e que existía un informe favorable da Deputación. “Se ese informe era certo, non entendemos como seguimos igual despois de catro anos”, engaden.

Publicaciones relacionadas

O PSOE denuncia tamén a “deplorable imaxe” do punto limpo, onde no exterior se acumula mobiliario abandonado e no interior lixo e materiais tirados, sen uso dos contedores. Aseguran que esta situación supón un “grave risco de salubridade e seguridade” polo perigo de incendio ao tratarse de materiais inflamables.

Os socialistas advirten que, mesmo se o Concello anuncia novas subvencións para 2025, “sen permisos e licenza, o punto limpo non vai funcionar e volverán ter que devolver os fondos”. Por iso, esixen solucións inmediatas e acúsan ao PP de “xogar cos recursos públicos da veciñanza de Ribadavia”.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.