Noticias

Que pasa na Merca?

Que pasa na Merca? Que sucede para que unha canle de información sobre a actividade no concello se despida para evitar «conflitos»?

A pesares de estar inmersos de forma intensa na «era dixital», son moitas as administracións que aínda non contan cunha boa estratexia de información e comunicación coa veciñanza. Nuns casos pode ser por falta de transparencia, pouca vontade de ofrecer información ou tamén, falta de persoal especializado.

Que pasa na Merca?

Unha das canles máis usadas na actualidade para atopar información son as redes sociais. É neste foro onde atopamos dúas opcións para estar informados da actualidade no concello da Merca. «Que pasa na Merca» e «Que pasa na Merca Lady Whistledown» ofreceron nos últimos meses valiosa información sobre a actualidade municipal, convocatorias de emprego, axudas, etc…. pero chegou o momento de falar de política e todo se torceu.

Falta pouco para as eleccións municipais e nesta canle consideraron oportuno dar voz as diferentes opcións políticas que concorrerán á loita electoral o 28 de maio. Como sinalan no comunicado de despedida, varias situacións que provocaron un aumento da presión sobre a actividade da conta e a vontade dos administradores por non contribuír á quentar o ambiente provocan o cese da actividade.

É unha magoa que páxinas de información deixen de realizar a súa labor por causa das «presións» de quen se sinte prexudicado pola transparencia informativa ou quen cree que o vento non lle sopra como desexa. É unha magoa que a cidadanía deixe de contar con ferramentas que os acheguen a información de relevancia que a administración non lle proporciona de xeito claro.

Que pasa na Merca?

Comunicado de Que pasa na Merca

Mostramos a continuación o comunicado de «Que pasa na Merca» onde anuncian o cese da súa actividade.

Hoxe ídesnos permitir, escribir a biblia para a nosa despedida, si si, que nos vamos.
Nas ultimas semanas, houbo algún que outro “encontronazo”, “sinalización”, “quen esta detrás”; varios comentarios fora de lugar que intentamos abordar con moita educación e sen perder o papeis. Si, notase que hai eleccións.

Pero dende fai un par de días, a cousa xa non da mais de si, demasiado presión.
Non, non hai partidos políticos detrás da conta, ningún dos administradores vai nunha lista; o único que nos levou a abrir “QuePasa NaMerca” e “ Que pasa na Merca Lady Whistledown?”, foi facer unha labor que non estaba facendo ninguén; a de “intentar” dar a coñecer que sucedía no noso concello; volvemos insistir, labor que debía facer os gobernantes do concello da Merca, non os funcionarios do concello, que parece que tamén están molestos ante a critica do “silencio”.

“Que pasa na Merca Lady Whistledown?”

esta encamiñada a búsqueda de personaxes do concello da Merca; unha marca “suave”, unha marca “branca” sen criticas, simplemente vellos vídeos de “recordos”, que apetece velos anos despois, incluso moitos nin os viran. Iamos centrarnos na familia de Zarracós, o Xuíz Tain, veciño que realmente desperta un interese pola súa forma de comunicar; libros, entrevistas, películas; outro “famoso” da Mezquita, político doutros tempos. Tamén quedará nun caixón pechado todo estes temas.

“QuePasa NaMerca«

creceu en seguidores en moi pouco tempo, e estamos convencidos que é polo tipo de información que colgamos; nunca antes se vira un plano dun proxecto que se está afacer no noso concello; nunca antes, se viu como se convocan unhas eleccións e como repercute o tema no noso concello; existiu unha interacción con moitos dos seguidores, intentamos contestar a todos, e incluso buscar mais información sobre temas que algún nos pediu.

E si, tivemos que “borrar” algún que outro post; o motivo?, evitar quentar o ambiente entre veciños, non é o que buscamos; recordar vellas liortas non merece a pena.

Propaganda electoral?

Tamén se nos acusou de facer “propaganda electoral”; non soubemos ben como encauzalo; xa non eramos de esquerdas nin nacionalistas, agora eramos do partido popular, difícil xestionar estes bandazos.
Tamén existiu un dialogo cordial co dous candidatos do BNG A Merca e do A Merca PSdeG-PSOE; fixemos preguntas e resolveranos as dubidas; sabemos que entre os nosos seguidores, está o alcalde e candidato de Partido Popular e algúns concelleiros, cos cales nunca existiu un dialogo; o motivo o descoñecemos, e non vamos especular sobre o tema, pero que non lles debía gostar os nosos post, a insistencia na falta de información; era publicar algo “relevante” e si vimos como o “solucionaban” case en tempo real; da obra do parque infantil; preguntan pola 4 farolas e a formación de céspede natural que van no proxecto.
Estabamos xa cun traballo adiantado, co tema das eleccións, comparativa das listas dos diferentes partidos, para ver quen repetía e quen daba un paso a un lado, ou simplemente o botaban pola porta da atrás.

Candos partidos se presentan… temos que recoñecer, que temos moito interese no lista do partido popular da Merca, para ver quen vai nela, si hai algún cambio significativo ou segue todo igual; se é o ultimo suposto, non coñecen a realidade do que se respira polo concello; fai falta cambio de nomes, ganas de traballar e “conectar” cos veciños; vivir no concello, importante; coñecer o concello mais importante; non vale vivir fora e vir de vez en cando os fin de semana (isto vai por todos os partidos); pero ben, iso é opinión nosa.

Propostas que estaban previstas

Contabamos facer unha especie de “porra” sobre os posibles resultados. Facer un seguimento das propostas e dos programas, para ter argumentos dentro de 4 anos para dicirlles os gañadores, si fixeron ou non o que prometeron.

Pero, tamén tiñamos un vídeo preparado, en plan moi “catastrófico”, “sensibilizar” que se di; era sobre un resume dos incendios do ano 2013, con moita imaxe “fea”, dunha situación limite; a idea era subilo despois das eleccións; xa que entendemos que agora toca iso, as eleccións. Pretendiamos “recordar” aquela situación, desde o desaloxo dun colexio, dunha residencia de maiores, ardeu algunha que outra casa, e o medo de moitos veciños; e queriamos preguntar si se fixo algo dende aquelas, 10 anos despois; o “Outeiro” volve ser un polvorin, non existe ningún plan; o que si existe dende o 2006 é un man común de montes coa denominación de “Paradela” con 42,45 ha, que non fixo nada durante este tempos, creouse e desapareceu a súa directiva, as malas linguas din que venderon a madeira queimada e pouco mais, pero algunha responsabilidade terá en isto dos lumes; a propio Concello de non mirar por este tema, Medio Rural da Xunta de Galicia tamén debería “mirar” un pouco todo iso. E a idea era, copiar o que fan os de Parderrubias co seu monte, os de Pereira. Deixamos aquí unha proposta para un punto para un programa electoral de calquera dos partidos políticos.

Sendeirismo

Tamén queriamos meternos nun charco, co tema das rutas de sendeirismo que tanto gustan a uns cantos concelleiros; e que se levaron a cabo durante esta lexislatura; está ben economizar, pero existe tamén unhas normas de sinalización e rutas oficialmente homologación por parte de Turismo de Galicia, con axudas e promoción correspondente, que debería ser a referencia para facelo ben. Xa sabemos o que nos van dicir, que é a típica resposta que nos solen por: “non vos vale nada”; que si, claro que nos vale, pero que costa facelo ben. Primeiro, será investigar sobre o tema, e logo facer.

E o deporte; propostas de recuperar unha vella carreira, famosa en toda a provincia, desapareceu e nunca mais volveu; cantas edicións foron, mais de 20?; fallos de organización nas ultimas edicións, ben se pode solucionar e que volvan a ver deportistas correndo polos noso concello; a ruta ciclista segue, pero podíase dar un paso mais, e facer un centro btt ou algo parecido, cun punto de inicio de rutas e telas sinalizadas, igual co tema que falamos do sendeirismo. E “activar” ese pavillón dunha vez por todas; outro charco, invertese fai nada na cuberta cunha achega da Xunta, e segue chovendo dentro?? pero quen controla as obras do concello, ninguén pide as garantías as empresas que executan mal as obra.
Outro charco, liortas entre grupos de cazadores, este tema si que era “sálvame de lux”, quedará nun caixón tamén.

Mellora das estradas

E sobre as mellores das estradas, perdón, o recheo de fochancas con chapapote con 4 pasadas dun rodillo, sen sinalización, xa sabedes, que o falamos fai uns días; quen marcha as prioridades?. Directos a outro charco, vanos caer criticas, sobre todo de Matusiños; que decidiu botar chapapote no “casco vello”, pero cantos viven no seu interior, si esta todo en ruínas; non haberá onde aproveitar mellor, noutra estrada; ben, nos poden dicir, que é para poder vender mellor as casas en ruínas da zona, si ese é o argumento, calamos.
Mais charcos, as asociación de veciños fan unha gran labor, teñen unha redes sociais moi interesantes, unhas actividades que son espectaculares; pero a capital do municipio, existen dúas, e as dúas sen actividades, sen iniciativas. Os motivos? Liortas entre elas? Despoboación da capitalidade?; a parte de quedar sen restaurantes, sen medio supermercado, sen carniceira de sempre, sen bancos; solo queda a farmacia e a Agro dos Borrajo; se ve, que tamén queda sen poboación e sen ganas.

E moitos mais temas quedaran no aire (Rehabilitación canastros, volta do Magosto, actividades de nadal, campamentos, promoción dos entroidos locais, que pasou co parque industrial ala polo Val, cambio da iluminación publica por LEDs,….).

A información

Solo vamos pedir unha cousa, a que goberne no futuro, “transparencia” “información”; que tamén hai recursos, axudas para concellos para o tema de dixitalización, non é preciso que o “experto” de turno leve os redes sociais e a web dun concello, hai empresa que o fan; que o “voluntario” concelleiro ou funcionario se canse de levalas, non quede nun silencio absoluto. A Web, levamos días sen entrar, pero está totalmente desnaturalizada, non existen novas co alcalde actual (reunións con conselleiros, entrega de diplomas dos obradoiros,….), parecen cousas do 2016; incluso a famosa contracción do galego “de+artigo nome propio”, “de A Merca”, é en realidade “da Merca”, no 2003 houbo ese cambio nas normas ortográficas do galego, pois aparecen as dúas construcións pola web adiante; recordade, a Web é unha carta de presentación para os veciños, pero tamén para posibles turistas que buscan información…

Como din, “𝙁𝙐𝙀 𝘽𝙊𝙉𝙄𝙏𝙊 𝙈𝙄𝙀𝙉𝙏𝙍𝘼𝙎 𝘿𝙐𝙍𝙊”
Sabemos que o día de hoxe, algúns terán un sorriso nas súas facianas, en plan, por fin deixan de dar por saco, ademais xusto agora, a 45 días das eleccións. Outros dirán: “vaya, por fin había noticias y ahora se acabó, que pena”, “debían seguir”.

Nós, quedamos “tocados”, notarse perseguidos non é moi grato; posiblemente, si o fixeramos con nome e apelidos, ía ser o mesmo; non gosta, por norma xeral que sexamos como uns “notarios” da actualidade, uns “fiscalizadores”, uns “críticos”; non gosta que che digan que podías facelo moito mellor.
Pois nada, gracias a todos, si si, a todos.

Botón volver arriba