Eventos

Queremos Galego presentará en Ourense os actos do 17 de maio baixo o lema “Lingua vital xa!”

A Plataforma Queremos Galego convoca unha rolda de prensa o vindeiro xoves 15 de maio ás 11:00 horas no Liceo de Ourense.

Na mesma dará conta dos actos previstos para conmemorar o Día das Letras Galegas, así como da campaña “Lingua vital xa!” que se está a desenvolver por toda Galicia.

Queremos Galego presentará en Ourense os actos do 17 de maio baixo o lema “Lingua vital xa!”

A cita contará coa intervención de Xosé Lois González “O Carrabouxo”, portavoz de Queremos Galego en Ourense, e Manuel Carniceiro, coordinador da plataforma na cidade.

Durante o encontro cos medios, os representantes de Queremos Galego detallarán as iniciativas que culminarán na gran manifestación nacional prevista para o venres 17 de maio en Santiago de Compostela, cun percorrido que partirá ás 12:00 horas da Alameda e rematará na Praza do Obradoiro, onde terá lugar unha grande foliada popular como acto central da xornada.

Queremos Galego presentará en Ourense os actos do 17 de maio baixo o lema “Lingua vital xa!”

Desde a organización fan un chamamento á cidadanía e aos medios de comunicación para acompañar e difundir esta mobilización “pola defensa e vitalidade da lingua galega”, e agradecen de antemán o apoio e a cobertura da convocatoria.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.