Noticias

Raquel María Bautista repite como candidata en Petín

Raquel María Bautista, actual alcaldesa, repite como candidata do PSdG-PSOE en Petín nas próximas eleccións municipais de maio de 2023.

A decisión de presentarse á reelección ven motivada polo «cariño que me seguen demostrando e me demostran a día de hoxe todos os meus veciños e veciñas», indica a candidata.

Raquel María Bautista repite como candidata en Petín

«Vamos a seguir 4 anos máis, xunto co equipo que me acompaña, traballando por Petín e por seguir realizando obras, actividades e solucionando os problemas cotiás da veciñanza, co obxectivo de que Petín siga adiante e que xente se decida a vir a vivir o noso municipio».

Raquel María Bautista repite como candidata en Petín

Entre os obxectivos para un novo mandato, Raquel María Bautista indica que «vamos a seguir reclamando melloras na nosa comarca e que se solucionen dunha vez as carencias que temos en temas sanitarios e de infraestruturas. É prioritario que non nos esquezan porque sempre fomos os esquecidos o ser unha comarca, dentro dunha provincia do interior. Seguiremos loitando como vimos facendo ata agora porque o hospital comarcal de Valdeorras cumpra cós requisitos para dar un bo servizo os valdeorreses, e por suposto polo arranxo da N-120, a estrada a A Gudiña e a chegada da autovía a Valdeorras».

Botón volver arriba