Noticias

Raquel Méndez optará á alcaldía de Rubiá

Raquel Méndez Ramos optará á alcaldía de Rubiá como cabeza de lista do PSdeG-PSOE nas próximas eleccións municipais do mes de maio.

Tras presentarse como candidata no 2019, Raquel Méndez repite coa intención de acadar a alcaldía «para cambiar un concello totalmente abandonado polas políticas do Partido Popular e do seu alcalde, que leva 20 anos ao fronte do mesmo».

Raquel Méndez optará á alcaldía de Rubiá

A candidata explica que «vamos a darlle a Rubiá o cambio que tanto precisa e axudar a nosa veciñanza. Temos un concello esquecido, tan esquecido  como a xestión despois dos incendios que afectaron aos núcleos de A Veiga de Cascallá e O Castelo e nos que despois de 7 meses dende que o lume arrasase con todo, non hai iniciativas nin dende a Xunta, nin dende a Deputación de Ourense, nin dende o propio concello».

Raquel Méndez optará á alcaldía de Rubiá

Botón volver arriba