A Asociación Cultural Rebulir reúne máis de 300 kg de alimentos durante a campaña de doazón que puxo en marcha durante o Nadal.
Esta actividade forma parte das múltiples iniciativas que esta asociación realiza durante o ano no ámbito educativo, cultural e social.
Rebulir reúne máis de 300 kg de alimentos
O primeiro paso desta campaña de doazón realizouse co importe recadado durante a Gala Central do Festival Internacional Rebulir 2024.

A maiores, Rebulir contou coa colaboración de membros da asociación e veciños do concello de Ramirás que contribuíron mediante doazóns para reunir os máis de 300 kg de alimentos. Esta doazón terá como destinatario o Banco de Alimentos de Ourense.