Recortes Cero esixe debates que conten con participación dos grupos extraparlamentarios ante as próximas eleccións xerais que terán lugar o 23 de xullo.
«Esta é unha campaña na que todo o mundo coincide en cualificar de especialmente importante para o futuro do país, por iso, agora máis que nunca, debemos coidar con celo a democracia e o pluralismo político, que a cidadanía teña acceso a todas as propostas tal e como indica a lei, sen que o teña que facer polos seus propios medios senón que sexa a Administración quen asegure que poden coñecer todas as opcións e tomar unha decisión» indican desde a formación política.
Recortes Cero esixe debates con participación dos grupos extraparlamentarios
Para incidir nesta petición, Recortes Cero enviará tamén unha petición de mediación a todos os defensores autonómicos. A petición realizada consiste na realización dun debate no que participen os grupos extraparlamentarios para poder ofrecer á cidadanía a información das distintas candidaturas.

Recortes Cero é xunto ó PP e o PSOE unha das tres formacións que presentan candidaturas en todas as circunscricións tanto ó Congreso como ó Senado. «Por iso non queremos deixar de recoñecer publicamente o enorme traballo que fan os profe-sionais dos medios de comunicación, e chamarlles a facer todo o que estea nas súas mans por ampliar a democracia e a pluralidade nesta campaña».