Noticias

Máxima seguridade na saída da 17ª etapa da Volta

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, supervisou este mércores o dispositivo de seguridade despregado no Barco de Valdeorras con motivo da saída da 17ª etapa da Volta ciclista a España 2025.

O operativo contou co apoio da Garda Civil, a Policía Nacional e a Policía Local.

Máxima seguridade na saída da 17ª etapa da Volta

Na xornada celebrouse tamén unha mostra de capacidades da Unidade de Mobilidade e Seguridade Viaria da Garda Civil. Esta unidade mobilizou 132 axentes de distintas especialidades con 59 motocicletas, 28 vehículos todoterreo e un helicóptero de apoio aéreo.

Máxima seguridade na saída da 17ª etapa da Volta
Dispositivo de seguridade. Foto: Subdelegación

O dispositivo completouse coa colaboración da Policía Local e da Garda Civil do municipio. Pola súa parte, a Unidade de Intervención Policial (UIP) da Policía Nacional asegurou tanto a saída como as zonas de meta noutros puntos.

Na exhibición participaron, xunto a Santos, o alcalde do Barco, Aurentino Alonso; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o comisario provincial xefe da Policía Nacional, Juan Cástor Vázquez; o comandante xefe accidental da Garda Civil de Ourense, José Benito Fernández Santamarina; o responsable da Unidade Móbil de Seguridade Viaria, Gerardo Suárez Gorris; o xefe do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, Javier Barja, e o xefe provincial da Dirección Xeral de Tráfico, David Llorente.

Santos subliñou que o obxectivo deste reforzo policial é “garantir a seguridade do evento, dos ciclistas, dos equipos, do público e de todos os participantes na proba”. Tamén agradeceu o esforzo das Forzas e Corpos de Seguridade, clave para que a Volta transcorrera con normalidade e sen incidentes.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.