O concello de Ribadavia realizou un acto no que homenaxeou ás mulleres destacadas que mostraron un especial comportamento profesional e humano nos últimos tempos.
A situación provocada pola pandemia puxo a proba a tódolos sectores da nosa sociedade. As dificultades atopadas nos últimos dous anos fixo que moitas persoas tiveran que ofrecer un esforzo adicional nas súas labores profesionais.
Ribadavia homenaxeou ás mulleres destacadas
Si a este esforzo lle engadimos un especial desempeño no ámbito persoal, atopamos profesionais que contribuíron a aliviar tamén a situación no plano emocional.
Para destacar a tarefa realizada por estas mulleres, o concello de Ribadavia organizou a terceira edición de Mulleres destacadas do concello de Ribadavia. Este acto servía ademáis para pechar a programación do Día Internacional da Muller 2022.
Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, entregou os galardóns as mulleres que coa súa xenerosidade contribuíron a mellorar a vida dos seus veciños.
Galardóns ás Mulleres Destacadas
- Ensino
Sara María Bello Fernández
María Livia Lorenzo Gómez
María Rodríguez Lorenzo - Comunicación
Ángeles Seoane Rodríguez (servizo de correos) - Traxectoria Empresarial
María del Carmen Viñas Martínez
Manuela Taboada Fernández - Mulleres emprendedoras fronte á Covid-19
María Purificación Gil Vázquez
Rocío Alejos Pernas - Compromiso social fronte á Covid
Emilia Lameiras Rejo (Farmaceutica)
Matilde Rita García Carrera (Farmaceutica)
Traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Ribadavia
Traballadoras da Residencia Nosa Señora dos Anxos - Mención Especial
Meena Safi (médica Afgana) - Premio de Honra a título póstumo
Amparo García Aliende (primeira muller Medalla de Ouro Viño Branco na Feira do Viño do Ribeiro de 1969)