O concello de Ribadavia necesita un reforzo no servizo de limpeza viaria segundo denuncia o grupo municipal de Ribeiro en Común.
A limpeza viaria e o mantemento dos espazos públicos precisa dun reforzo que permita mellorar a prestación deste servizo.
Ribadavia necesita un reforzo no servizo de limpeza viaria
Esta é a petición de Ribeiro en Común que entende que o servizo de limpeza conta con poucos traballadores para realizar estas tarefas. Solicitan desde Ribeiro en Común que se inclúa nos presupostos de 2025 un incremento da partida destinada a este servizo.
Esta petición de Ribeiro en Común vai acompañada dunha crítica ó aumento das partidas dedicadas a festas no orzamento de 2024 mentres non se creaban novos postos de traballo para as tarefas de limpeza.
No mes de decembro, Ribeiro en Común presentaba unha moción no Pleno Municipal sobre este asunto e que foi aprobada. Ademais de recoñecer a labor dos traballadores municipais solicitaban un reforzo do servizo para cubrir as necesidades actuais.