Noticias

Ribeiro en Común denuncia unha nova discriminación contra Ribadavia

O partido Ribeiro en Común denuncia unha nova discriminación contra Ribadavia no reparto que a Deputación realizará de 17,5 millóns de euros.

A Deputación de Ourense conta cun importante remanente e prevé mobilizar unha parte nas próximas semanas para financiar numerosas iniciativas en toda a provincia.

Ribeiro en Común denuncia unha nova discriminación contra Ribadavia

Ribeiro en Común entende que este reparto discriminará de novo ó concello de Ribadavia ó non achegar financiamento a proxectos de gran importancia para os veciños. Entre as iniciativas municipais para as que demandan colaboración da institución provincial atópanse:

  • Apoio para a mellora da rede municipal de Auga,
  • nova captación no río Miño,
  • cambio da pista no Pavillón do Consello
  • proxectos de mellora no casco histórico.
Ribeiro en Común denuncia unha nova discriminación contra Ribadavia

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.