Ribeiro en Común solicita ampliar a zona azul á rúa Ribeiro para ampliar os beneficios que esta medida provocou no sector comercial.
A creación da zona azul na rúa Progreso, solicitada no seu momento por Ribeiro en Común, é apoiada na actualidade por todos os grupos municipais.
Ribeiro en Común solicita ampliar a zona azul
Para poder ampliar os beneficios desta medida, esta formación política solicita que se amplíe a zona azul á rúa Ribeiro.
Na comisión de tráfico, Ribeiro en Común solicitará as seguintes medidas:
- Control horario das zonas reguladas: zona verde reservado para residentes, e zona azul de horario regulado.
- Ampliación da zona azul a outras zonas: Zona rúa Ribeiro e Travesía Ribeiro.
- Gratuidade de 2 horas no aparcadoiro municipal.
- Alternativa a carga de vehículos eléctricos instalada na anterior lexislatura na rúa Progreso.
- Petición de financiamento da Deputación e Xunta para o arranxo das estradas locais urbanas.
- Arranxo e solución ao mal estado da estrada local que une a rúa do consello coa quinza. (Estrada Pavillón – Gasolineira).
- Arranxo aparcadoiro aberto da rúa do Carballiño.
- Reforzo da seguridade viaria nas estradas que atravesan núcleos urbanos de Francelos, San Paio e San Cristovo, travesía de San Lázaro e camiño das Termas de Prexigueiro.