Noticias

Ribeiro en Común esixe o arranxo da capela de San Xés

Ribeiro en Común reclama a intervención urxente na capela de San Xés de Francelos e no seu contorno, tras os danos aparecidos esta semana no adro do templo.

A formación pide que a Deputación de Ourense inclúa este monumento no plan de restauración que executará en nove igrexas históricas da provincia e que se leve a cabo a redacción do preceptivo Plan Director para a súa recuperación integral.

Ribeiro en Común esixe o arranxo da capela de San Xés

A formación pide que a Deputación inclúa este templo no convenio de restauración de igrexas históricas e critica o abandono por parte do goberno local.

Ribeiro en Común esixe o arranxo da capela de San Xés
Foto: Ribeiro en Común

Lembran que xa en 2024 presentaran unha moción no pleno municipal solicitando o inicio da elaboración dese Plan Director, que é un requisito establecido pola Dirección Xeral de Patrimonio para poder acometer actuacións de rehabilitación. “Non nos consta que o goberno local fixese ningún avance desde entón, malia ter sido unha das súas promesas estrela nas eleccións municipais de 2023”, sinalan desde a agrupación.

Ribeiro en Común denuncia que a situación actual do adro de San Xés, danado e parcialmente derrubado, é consecuencia directa desa inacción. Ao mesmo tempo, critican que o acordo anunciado recentemente entre a Deputación de Ourense e o Bispado para arranxar nove templos da provincia non inclúa ningunha igrexa de Ribadavia nin do Ribeiro, a pesar de que o propio alcalde de Ribadavia ocupa a vicepresidencia da Deputación.

A formación tamén lembra que o PP local prometera en campaña o arranxo da capela e do seu entorno, así como a creación dunha praza no Curceiriño. “Dous anos despois, esas promesas foron papel mollado: nada se fixo e nada se sabe”, afirman.

Por todo isto, Ribeiro en Común levará ao próximo pleno municipal unha proposta con dúas peticións concretas:

  1. Que o Concello de Ribadavia solicite á Deputación a inclusión da capela de San Xés no convenio de restauración asinado co Bispado, e que se arranxe con urxencia o seu adro.
  2. Que se inicie de inmediato a redacción do Plan Director de San Xés, como paso previo para acometer unha rehabilitación completa do templo e do seu entorno.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.