Noticias

Ribeiro en Común pide unha ordenanza de ruídos e atención ás termas de Prexigueiro

O grupo municipal Ribeiro en Común presentará no Pleno deste xoves dúas mocións nas que reclama medidas concretas fronte a dous problemas que, aseguran, levan tempo sen resposta por parte da alcaldía de Ribadavia.

Unha é o exceso de ruído no casco urbano e a segunda, a situación de abandono da Vila Termal de Prexigueiro.

Ribeiro en Común pide unha ordenanza de ruídos e atención ás termas de Prexigueiro

A primeira das mocións propón que o Concello elabore unha Ordenanza municipal de ruídos que garanta o dereito ao descanso da veciñanza. Ao mesmo tempo, esta ordenanza permitiría compatibilizar esta protección co lecer nocturno.

Ribeiro en Común pide unha ordenanza de ruídos e atención ás termas de Prexigueiro

A formación lembra que existen “denuncias e malestar crecente” por parte de residentes no centro histórico. Acusa ao goberno local de “non interceder nin facer cumprir as súas obrigas legais”.

Ribeiro en Común sinala que o problema de contaminación acústica non é alleo a Ribadavia e lembra o recente caso de Ourense, onde a Fiscalía presentou denuncias contra catro pubs, o alcalde e un funcionario municipal por suposta inacción ante o ruído no casco vello. “De terse implicado o Concello, evitaríase moito conflito entre veciños”, apuntan.

O grupo propón crear unha Comisión redactora, integrada por técnicos e representantes municipais, que elabore unha ordenanza de consenso para a súa aprobación no Pleno. Ademais, insta á alcaldía a “deixar de mirar para outro lado” e a mediar entre as partes para acadar un equilibrio entre o dereito ao descanso e o dereito ao lecer.

Termas de Prexigueiro

A segunda moción céntrase na situación das termas de Prexigueiro, que, segundo a formación, sofren “desidia e abandono” por parte do goberno local. Ribeiro en Común critica que o Padroado da Vila Termal non foi convocado desde que o PP chegou á alcaldía. Denuncia que non se buscaron novos investimentos para mellorar as instalacións.

O grupo reclama que o alcalde exerza as súas funcións como presidente do Padroado, convoque a xuntanza correspondente e solicite axuda á Deputación e á Xunta para impulsar proxectos de mellora, “tal e como se está facendo noutras vilas termais da provincia”. “As promesas electorais para as nosas termas seguen sen cumprirse”, conclúe Ribeiro en Común.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.