Noticias

Roberto González encabezará a candidatura do PP en Trives

Roberto González encabezará a candidatura do PP en A Pobra de Trives nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio.

«É o momento de cambiar o futuro da Pobra de Trives, cunha candidatura que garante unha ilusionante etapa de progreso a partir do 28 de maio», destacou Manuel Baltar.

Roberto González encabezará a candidatura do PP en Trives

No acto de presentación da candidatura, o presidente provincial do Partido Popular puxo o foco en que «Trives ten historia, ten identidade, ten futuro. Pero leva durmida demasiado tempo. Agora é o momento de cambiar o futuro deste municipio, cunha candidatura que é unha garantía para comezar, a partir do 28 de maio, unha nova etapa de progreso neste concello».

Roberto González encabezará a candidatura do PP en Trives
Foto: PP de Ourense

Pola súa parte, o candidato mostrou a súa confianza na candidatura que presentan nesta cita electoral. «Esta candidatura ten forza e ilusión para conseguir todos os proxectos necesarios. Seremos valentes e ambiciosos para asumir o liderado do noso concello».

Botón volver arriba